aenor

Declarada de UTILIDADE PÚBLICA

DOGA 23/03/2010 nº 55 Páx. 3964

encabezado
Menu
Historia

En febreiro de 1996, a Asociación Ourensá de Esclerose MÚltiple, empezou a funcionar como Asociación de Ámbito Provincial independente, aínda que adherida á AEDEM (Asociación Española de Esclerose Multiple) desde o ano 1980 e neste tempo produciuse, non só un incrementO das persoas que forman parte da nosa asociación senón tamén unha mellora nas infraestruturas e unha ampliación de servizos e actividades.
A "AODEM", pertence como membro fundador asociado á Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense Discafis-Cogami, á cal desde o ano 2004 ofrécenselle os profesionais que formamos a "AODEM" para aqueles casos que se nos solicita e que a citada asociación carece deles.
Así mesmo a "AODEM" tamén acolle afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica, Parkinson e outras enfermidades neurolóxicas, crónicas e dexenerativas, todas posúen en común carecer de Asociación de enfermos propia na nosa provincia.
"AODEM", despois de moitos esforzos e contando co traballo dos seus recursos humanos conseguiu posuír un equipo multidisciplinar de profesionais permitindo realizar unha intervención "biopsicosocial" aos afectados que forman esta asociación.
Os resultados obtidos até a data en tódolos programas que desenvolvemos dirixiron os nosos esforzos ao seu mantemento ofrecendo gratuitamente os nosos servizos a aquelas persoas que ven sorprendidas na vida por unha enfermidade, como das que atendemos, sendo coñecedores de que os Recursos Públicos Sanitarios non cobren as necesidades de afectados por estas enfermidades e familiares, salvo a intervención medica hospitalaria e neste caso contamos con eles entre os nosos recursos humáns - asesores médicos - posuíndo unha relación que ao noso xuízo poderiamos cualificar de extraordinaria.

patrocinadores
Fundacion Barrie de la Mazaa
La Caixa Obra Social
Fundación María Francisca de Roviralta
Caja Madrid Obra Social
Obra Social Bancaja
Caixa Galicia Obra Social
Xunta de Galicia
Diputación de Ourense
Concello de Ourense
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org