Programas e actividades

Pestanas principais

neurorehabilitación definiuna a Organización Mundial da Saúde (OMS) como "un proceso activo polo cal o individuo con discapacidade por enfermidade ou lesión consegue a recuperación completa ou, no seu defecto, o máximo desarrollo do seu potencial físico, psíquico e social, para integrarse da mellor maneira no seu entorno. É un proceso adaptativo e dinámico, dirixido a mellorar o nivel de independencia e de calidade de vida do enfermo".

As patoloxías neurodexenerativas son unha das principais causas de discapacidade física e, na nosa provincia, Ourense, aumentan co paso dos anos debido tamén ao incremento do envellecemento da poboación.

Programa de Traballo Social

O obxectivo deste programa é valorar os aspectos bio-psico-sociais que se ven afectados dende que unha persoa recibe o diagnóstico dunha enfermidade neurodexenerativa. A partir de aí e, tendo en conta as demandas que plantee, potenciaranse as capacidades persoais de cada usuario/a, fomentando a súa autonomía e dándolle estratexias para afrontar as novas situacións.

  • Atención directa e apoio social continuado, visitas domiciliarias, tramitación de recursos sociais, xestión de axudas técnicas, actividades de ocio e tempo libre...

Subprograma de Voluntariado: Coordinación dun voluntariado específico que colabora co proxecto de AODEM: apoio no Centro de Rehabilitación, acompañamento de usuarios/as, apoio en tarefas auxiliares ou de xestión...

Subprograma de ocio e tiempo libre accesible: actividades de ocio e tempo libre que lle ofrecen aos usuarios/as un cambio na súa rutina de vida e ás familias/coidadores tempo para sí mesmos.

 

Programa de Psicoloxía Clínica

Neste programa a intervención psicolóxica faise a nivel individual, parella e/ou familiar e ten como finalidade ofrecer aos usuarios/as e/ou familiares recursos e estratexias de actuación para que saiban manexar as reaccións máis comúns que experimentan despois do diagnóstico da enfermidade: ansiedade, tristeza, "dor" pola perda de funcións, incertidume, continuas dúbidas, etc.

  • Información, asesoramento, terapia, estimulación neurocognitiva…

Intervención neurocognitiva: mediante un conxunto de técnicas e estratexias, incídese naqueles problemas cognitivos (memoria, atención, axilidade mental...) que acostuman ir en paralelo coa progresión e gravidade da enfermidade.

Grupo de Autoapoio: Lugar de encontro donde se traballan a nivel grupal todos aqueles temas relacionados con proceso da enfermidade e que son de interés para os participantes. A comunicación permite enriquecerse e axudarse coas experiencias mutuas.

Programa de Fisioterapia

Diríxese a habilitar, cos medios axeitados, a aquelas persoas que non poden recuperar espontaneamente a súa capacidade física, así como a fomentar e desarrollar estratexias para conseguir a máxima independencia funcional. Tratamento individualizado.

  • Masoterapia, kinesioterapia, electroterapia, termoterapia, mecanoterapia, etc.

Todas estos tratamentos lévanse a cabo no Centro de Rehabilitación de AODEM. Un centro de 125m² totalmente adaptado e equipado con todo o material necesario.

  • S. Terapia en medio acuático: actividades realizadas en piscina que resultan indispensables para a reeducación da marcha, o equilibrio, a coordinacción... e para mellorar o estado físico en xeral.
  • Taller grupal en Parkinson: conxunto de actividades terapéuticas dirixidas a mellorar a sintomatoloxía: fisioterapia respiratoria, exercicio para a relaxación (método Jacobson), exercicios para a mellora da psicomotricidade e coordinación e cinesiterapia activa global.

 

Programas en colaboración con DISCAFIS-COGAMI

AODEM pertence como membro fundador á Federación de Asociaciones de Discapacitados Físicos de Ourense "DISCAFIS - COGAMI. Así, os socios/as de AODEM que o necesiten, poden acceder aos programas da Federación, que son:

  • Logopedia
  • Terapia Ocupacional 
  • Transporte Adaptado
  • Banco de Axudas Técnicas
Galego

Comparte este artículo