CONCELLOS SOLIDARIOS

Pestanas principais

Hoxe fai un mes que a Concelleira de Cultura de Nogueira de Ramuín, Ana Pombar, lle fixo entrega a AODEM da doazón obtida coa organización da andaina Maquinos Solidarios, realizada nese concello en novembro do ano pasado.

 

Esta aportación fai posible o mantemento de servizos e actividades na asociación dirixidos a persoas afectadas por enfermidades neurodexenerativas e as súas familias.

 

Agradecemos o xesto e animamos a outros concellos a ter iniciativas similares (andainas, torneos deportivos, etc) en beneficio da comunidade e a converterse en Concellos Solidarios!

 

Na foto: José M. Rodríguez (vogal AODEM), Constantino Guzmán (Presidente AODEM), Ana Pombar (Concelleira de Cultura de Nogueira de Ramuín) e Enrique Pereira (Vogal AODEM).

 

Galego

Comparte este artículo