ENTREGA DE PREMIOS "TERRITORIOS SOLIDARIOS"

Pestanas principais

 

O pasado 18 de novembro tivo lugar no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) da Coruña a entrega de premios do BBVA "Territorios Solidarios" na súa 3ª edición e un ano máis, AODEM foi unha das entidades galardoadas.

En Galicia foron un total de 8 os proxectos gañadores, a maioría orientados á discapacidade e á atención de enfermos e aos seus familiares. AODEM participaba co proxecto de atención sociosanitaria no rural "Cuanto + cerca mejor. Calidad de vida en el rural".

Asistiron á recollida do premio o Presidente de AODEM, D. Constantino Guzmán e mais o padriño do proxecto D. Fco. Javier Suárez Rocha a quen dende aquí lle agradecemos o seu apoio e implicación.

Galego

Comparte este artículo