ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE AODEM

Pestanas principais

 

"MAQUINOS SOLIDARIOS" é unha andaina non competitiva organizada polo Concello de Nogueira de Ramuín a favor de AODEM. Celebrarase polas terras deste concello o vindeiro 22 de novembro e contempla 2 percorridos (dificultade media-alta):

-Íntegro: de 22 km aprox.

-Alternativo: de 9,5 km aprox.

A cota de inscricións é de 7€ por participante, podendo facer aportacións aínda que non se participe na camiñata (aportación fila cero). O ingreso debe realizarse no Nº de conta: ES12 2080 0437 5531 1000 0077, indicando como beneficiario "Concello Nogueira de Ramuín" e o concepto "andaina solidaria". En caso de ingresos conxuntos, indicar o nome e apelidos dos participantes.

Data límite de inscricións: ata o 19 de novembro (admítense inscricións o mesmo día sempre que non estea cuberto o nº de participantes establecido -200-).

Podedes descargar as bases da andaina, a folla de inscrición e o mapa na páxina web do concello www.nogueiraderamuin.com

Lembra: 22 DE NOVEMBRO EN NOGUEIRA DE RAMUÍN

Alí nos vemos!!

 

Galego

Comparte este artículo