A DEPUTACIÓN DE OURENSE SUBVENCIONA O PROXECTO DE AODEM

Pestanas principais

 

O pasado 11 de setembro, a Deputación de Ourense fixo pública no BOP (nº209) a resolución da convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxectos de prestación de servizos sociais.

AODEM é unha das entidades beneficiarias de dita convocatoria, concedéndolle unha subvención por importe de 8.000€ para levar a cabo o Proxecto Interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias para o ano 2014. Esta aportación contribuirá ao mantemento dos programas e actividades que desenvolve a asociación anualmente.

Galego

Comparte este artículo