MÚLTIPLES FORMAS DE COLABORAR

Pestanas principais

 

Boas!

Chegados dos respectivos talleres, temos xa na asociación os chaveiros "Futbito Múltiple" e mais as rifas de nadal deste ano!

Dúas novas maneiras de colaborar con AODEM, de ser solidari@s, para que poidamos continuar coa labor de atención ás persoas con enfermidades neurodexenerativas de Ourense.

 

  • Chaveiro de coiro "Futbito Múltiple": 5€/unidade. Feitos no Museo do coiro de Allariz, ao que agradecemos a colaboración.

 

  • Rifas de nadal de AODEM: 1€/rifa. Con cada rifa participas con 3 números para o sorteo de 2 cestas de nadal.

 

Podedes adquirir ambas cousas  nas oficinas de AODEM (R/ Recaredo Paz, nº1, 32005, Ourense)

Graciñas de antemán! laugh

Galego

Comparte este artículo