REMATA O SUBPROGRAMA DE TERAPIA EN MEDIO ACUÁTICO

Pestanas principais

 

O pasado venres 18 de xullo foi o último día do Subprograma de Terapia en medio acuático, unha das actividades posta en marcha dentro do Proxecto Interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias que conta coa colaboración da Fundación “LaCaixa”.

Participaron un total de 9 persoas, tanto homes como mulleres que ademais de compatir bos momentos na auga obtiveron os beneficios deste tipo de rehabilitación.

A actividade tivo unha duración de 3 meses levouse a cabo na piscina do Complexo AQA Ourense do Campus Universitario.

Queremos facer unha especial mención aos voluntari@s Miriam e Xosé Carlos xa que, sen a súa colaboración sería imposible facer esta actividade. Grazas!!! yes

Galego

Comparte este artículo