DÍA MUNDIAL DA ESCLEROSE MÚLTIPLE

Pestanas principais

O vindeiro 28 de maio conmemórase o DÍA MUNDIAL DA ESCLEROSE MÚLTIPLE e este ano a campaña global incide no tema da accesibilidade, é dicir, na igualdade de acceso das persoas con EM aos ámbitos da vida social, política e económica.
 
Coincidindo con esta data, os compañeir@s da Asociación de Collado Villalba organizan serie de actividades en Santiago de Compostela baixo o lema
"Marea de gEMte"
Estos son os actos previstos:
 
-Día 27 de maio: Charla sobre o programa de "Acceso á medicación". Probables asistentes: empresas farmacéuticas, algún representante da Admon e confirmados o Dr. Prieto (neurólogo) e a Terapeuta Ocupacional de ACEM Coruña.
Será na Sala Galicia do Hotel Santiago Apóstol.
 
-Día 28 de maio: Realización do último tramo do Camiño de Santiago (aprox. 4Km); flashmob e acto de concienciación na Praza do Obradoiro, solta de globos, lazo humano, etc.
 
Animámosvos a participar nestes actos. Podedes atopar máis info nos seguintes enlaces:
 
Galego

Comparte este artículo