DOAZÓNS, CONVENIOS E COLABORACIÓNS

Pestanas principais

A semana pasada recollemos un par de cadeiras de rodas que unha familia de Ourense nos doaba porque xa non a necesitaban. Queremos darlle as grazas por este xesto que mellora a oferta de axudas técnicas que a asociación pon a disposición daquelas persoas que a necesiten.

MOITAS GRAZAS!

AODEM está desenvolvendo actualmente o Proxecto Interdisciplinar de Atención a persoas afectadas por Enfermidades Neurodexenerativas e as súas familias, proxecto subvencionado pola Obra Social “LaCaixa” a través dun convenio que está vixente dende setembro de 2013 e ata setembro de 2014.

Con el podemos prestar atención a un total de 195 persoas de Ourense nos ámbitos de prevención da dependencia e atención aos seus efectos cos Programas de Fisioterapia, Psicoloxía Clínica e Traballo Social, ademáis de Logopedia, Terapia Ocupacional, Transporte Adaptado e Servizo de Axudas Técnicas.

AODEM agradece á Obra Social “LaCaixa” este apoio que permite continuar cos programas e servizos que presta ao colectivo de persoas con enfermedades neurodexenerativas e á cidadanía en xeral.

Por outra banda e, a través dos Programas de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar, contamos cun Fisioterapeuta dende decembro de 2013 e ata agosto de 2014 desenvolvendo o Programa de Rehabilitación Fisioterapéutica para persoas con enfermedades neurodexenerativas.

Galego

Comparte este artículo