NOVIDADES PARA O MES DE ABRIL

Pestanas principais

No vindeiro mes iniciaremos en AODEM dúas interesantes actividades, organizadas dende o Servizo de Fisioterapia:

 

1.    Wii-TERAPIA: novidosa terapia que permite intervir simultaneamente a nivel físico e cognitivo, á vez que achegar as novas tecnoloxías aos usuarios/as e servir de ferramenta de entretemento.

A quen vai dirixido?: Actividade aberta aos todos os socios/as de AODEM, independentemente da patoloxía.

Donde e cando terá lugar?: No salón de actos de AIXIÑA. Empezará no mes de abril, en sesións de 2h/día, 2 días/semana (aínda por concretar).

*Colaboran na actividade 2 voluntarios de AODEM.

2.    TERAPIA EN MEDIO ACUÁTICO (Rehabilitación en piscina): exercicios de fisioterapia realizados en piscina que contribúen á reeducación da marcha, o equilibrio, a coordinación e melloran o estado físico en xeral.

A quen vai dirixido?: Actividade aberta a todos os socios/as de AODEM, independentemente da patoloxía. GRUPO XA PECHADO.

Donde e cando terá lugar?: Na piscina do Complexo Deportivo Universitario do Campus de Ourense. Meses de abril, maio e xuño, en sesións quincenais de 1h 30min de duración.

*Fisioterapeuta de AODEM coa colaboración de 2 voluntarios/as.

Máis información nas oficinas de AODEM.

Galego

Comparte este artículo