Análise e detección das habilidades e as necesidades dixitais das persoas con párkinson

Pestanas principais

Co obxectivo de coñecer as habilidades e necesidades dixitais das persoas con párkinson e realizar un diagnóstico de cara a deseñar accións adecuadas de capacitación dixital para o colectivo, a Federación Española de Párkinson (FEP) e as asociacións de párkinson, co apoio de UCB, poñemos en marcha esta enquisa. Esta enquisa avalía as habilidades e necesidades das persoas con párkinson. É anónima e as preguntas van dirixidas sempre á persoa afectada, aínda que sexa completada pola/o súa/seu cuidador/a ou familiar. O tempo aproximado que se necesita para completar a enquisa é de 10 minutos. Moitas grazas por participar, os teus comentarios axudarán a deseñar futuras accións de capacitación dixital dirixidas ao noso colectivo: https://es.surveymonkey.com/r/FEParkinsonDigital

Galego

Comparte este artículo