Doazón Carreira Popular San Martiño 2019

Pestanas principais

No día de onte o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense fixo entrega dunha doazín de 866€ procedentes do Dorsal Solidario dos corredores que participaron na Carreira Popular do San Martiño 2019, en favor de AODEM.As achegas solidarias realizadas polos deportistas ourensáns e canalizadas a través do Consello Municipal de Deportes irán destinadas á campaña "Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias" que desenvolve a nosa entidade.A doazón de 866€ supón o 100% da recaudación do dorsal solidario da Carreira Popular do San Martiño 2019.Dende AODEM queremos dar as GRACIAS a todas as persoas que realizaron a doazón solidaria. Seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias.  

Galego

Comparte este artículo