Guías de Esclerose Múltiple - Intervencións Profesionais

Pestanas principais

O venres 14 de Xuño presentouse a “1º Edición da Guía de Esclerose Múltiple – Intervencións Profesionais”, en Santiago de Compostela no Salón de Actos da Consellería de Sanidade.Un acto no que nos acompañou Alfonso Alonso Fachado, Subdirector Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa do Sergas.Nesta guía preténdese dar a coñecer o traballo de aqueles outros profesionais, que teñen tamén un papel na EM e en busca dunha mellora na calidade de vida das persoas afectadas.Todos/as eles/as traballando de forma coordinada, multi e interdisciplinar, son imprescindibles para abordar a complicada tarefa de vivir con EM.Para a elaboración da guía contouse coa participación de profesionais especialisas de EM en diversos campos, e tamén de profesionais das entidades que forman FEGADEM. No caso de AODEM, compre destacar a participación na elaboración desta guía, dos profesionais: Fernanda Patiño (Directora e Psicóloga Clínica) e Leonardo Quintas (Traballador Social).No seguinte enlace podedes acceder as guías en formato dixital, tamén dispomos de un exemplar na oficina principal de AODEM.https://esclerosismultiplegalicia.org/guia_esclerosis_multiple_fegadem_galicia.htmlDende AODEM queremos agradecer o traballo de FEGADEM, os colexios profesionais, e os profesionais das entidades que colaboraron na realización desta guía.  

Galego

Comparte este artículo