A Asociación

Pestanas principais

AODEM é unha entidade creada por afectados/as de Esclerosis Múltiple e as súas familias que dende o ano 1996 traballa, na provincia de Ourense, con profesionais do ámbito sanitario e tamén social desenvolvendo un Proxecto Interdisciplinar co obxectivo de dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos asociados/as que non son cubertas dende as Administracións Públicas.

En AODEM traballamos con persoas afectadas polas seguintes patoloxías:

Esclerose Múltiple, Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), Parkinson, Enfermidades Raras e outras enfermidades neurodexenerativas.

Todas elas son crónicas e provocan un deterioro físico e cognitivo nas persoas que as padecen.

Esta asociación ten por obxectivo xeral mellorar a calidade de vida dos afectados/as por enfermidades neurodexenerativas e as súas familias na provincia de Ourense. Pero ademais desto persegue:

  • Transformar a realidade social dos usuarios/as, potenciando a súa autonomía persoal de xeito que alcancen o seu pleno desarrollo social.
  • Facilitar o proceso de adaptación individual e familiar á enfermidade.
  • Manter as funcións básicas o maior tempo posible e, cando estas disminúen ou desaparecen, adaptar ao paciente aos estadios da enfermidade.
  • Ofrecer aos familiares e/ou coidadores tempo para sí mesmos.

 

AODEM é 'SERVICIO SANITARIO' recoñecido pola Consellería de Sanidade no ano 2007.

Oferta asistencial U.59 Fisioterapia e U.70 Psicoloxía Clínica.

Galego

Comparte este artículo