POLA ACCESIBILIDADE UNIVERSAL

Pestanas principais

 

Este 7 de novembro participaremos nunha concentración na Rúa Xoán XXIII (á altura do Centro de Saúde Nóvoa Santos) para reclamar que se cumpra a Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social na que se marcaba como prazo o 4 de decembro para que todos os produtos, bens e servizos sexan accesibles.

 

Á vista de que se incumpre de xeito flagrante dita Lei, o motivo da concentración é denunciar públicamente esta situación diante dunha instalación ou espazo público inaccesible, como é o caso do Centro de Saúde Nóvoa Santos.

 

Estarán alí tamén outras entidades sociais como a Federación Provincial Discafis-Cogami, Alcer, Asem, etc. e haberá simultáneamente estas concentracións en 35 cidades de España, promovidas por COCEMFE.

 

Animámosvos a unirvos a estas concentración e a reivindicar esta causa que entedemos máis que xusta, e polo beneficio de todos/as.

 

E TI, PARTICIPAS?

CANTOS MÁIS NOS SUMEMOS A ESTA CAMPAÑA, MÁIS VISIBLES SEREMOS

 

Día 7 de novembro as 11:00 horas

Rúa Xoán XXIII, 6 (Centro de Saúde Nóvoa Santos)

 

 

#AccesibilidadYa

Galego

Comparte este artículo