FIRMA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE 'LA CAIXA' E AODEM

Pestanas principais

 

Rematamos o mes de maio cunha estupenda nova para AODEM.

Este martes asinouse o Convenio de colaboración entre AODEM e a Fundación Bancaria 'La Caixa'. Estará vixente ata setembro do 2018 e supón un apoio importantísimo para continuar co Proxecto Interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias.

 

O proxecto foi presentado á Convocatoria de Promoción de la autonomía personal y atención al envejecimiento, la discapacidad y la dependencia 2017, que concede axudas dirixidas a fomentar a vida independente en persoas que, por envellecemento ou enfermidade, sufren un deterioro das súas capacidades e da súa saúde.

 

Na foto: A Presidenta de AODEM, Dña. Mª Susana Fernández, o Tesoureiro de AODEM, D. Constantino Guzmán, e o Director da oficina da Avda. de Zamora de La Caixa, D. Armando Somoza.

Galego

Comparte este artículo