I FORO DE ESCLEROSE MÚLTIPLE DE GALICIA

Pestanas principais

 

A Sociedade Galega de Neuroloxía en colaboración coa Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), analiza a necesidade de establecer espazos de encontro e debate, para reflexionar e investigar sobre os avances nos últimos anos en canto a atención sociosanitaria precisa nas persoas afectadas de Esclerose Múltiple.

Actualmente, os estudos conlevan a necesidade de promover tratamentos integrais da enfermidade, e camiñar cara programas de rehabilitación sociosanitarios, que complemente non so tratamentos farmacolóxicos. Tratamentos integrais que ofrezan unha maior calidade de vida ao longo do proceso da enfermidade, reducindo custes e dando resposta á necesidade de prevención e garantindo un futuro ás persoas diagnosticadas de Esclerose Múltiple, que na súa maioría son persoas xóvenes en idade de traballar e cunha prevalencia superior de mulleres fronte a homes.

 

Ante esta realidade, DECIDIMOS levar a cabo o I FORO DE ESCLEROSE MÚLTIPLE EN GALICIA, onde falaremos de AVANCES NA ESCLEROSE MÚLTIPLE E BALANCE DA SITUACIÓN ACTUAL, contando con profesionais sociosanitarios especialistas no tema.

 

O día 31 de maio de 16:30h a 20:00h

no edificio do CERSIA en Santiago de Compostela.

 

Para máis información fegadem@hotmail.com. Tamén podedes chamar ao 604050773.

Galego

Comparte este artículo