NOGUEIRA MÓVESE POR AODEM

Pestanas principais

 

A semana pasada recibimos unha estupenda noticia: a asociación sen ánimo de lucro "Móvete por Nogueira" adicaba unha ruta pola súas terras a AODEM e á loita contra o Parkinson.

 

Conmemoración do 1º Aniversario da Ruta do Contrabando

Domingo 28 de maio de 2017

 

Trátase dunha ruta de 20km de dificultade media (con opción corta de 10km) que combina perfectamente o disfrute da paisaxe, curiosidades, arqueoloxía, etnografía, relatos locais, etc.

A entrega de dorsais farase ás 9:00 na praza de Luintra e prevese o inicio para as 9:30 aprox.

O prezo da inscrición son 10€ e faise no nº de conta: ES12 2080 0437 5830 4000 3566 indicando no concepto "Andaina" no caso de asistir e "Fila cero" no caso de non poder asistir pero de querer colaborar.

 

En AODEM estamos moi agradecidos de que "Móvete por Nogueira" pensaran en nós e nos heroes e heroínas anónimos, familias e persoas que a diario loitan contra o Parkinson.

 

Toda a info no facebook de "MOVETE POR NOGUEIRA" de donde tomamos prestada unha frase que nos encanta: 

"SI NOSOTROS SOMOS MÁS, EL PARKINSON SERÁ MENOS"

 

GRACIAS E VÉMONOS NO CAMIÑO!!

 

Galego

Comparte este artículo