ESCAPADAS MÚLTIPLES IV - PRIMEIRO DESTINO: BAIONA

Pestanas principais

 

Un ano máis en AODEM sairemos de escapada por Galicia, visitando distintas vilas e zonas de interés polo seu patrimonio cultural, etnográfico ou pola súa singularidade.

A primeiras destas viaxes será a Baiona para coñecer esta vila monumental e percorrer o seu paseo marítimo e o casco antigo. Aprobeitaremos coma sempre a ocasión para facer unha 'modesta' valoración da accesibilidade que presenta, tanto nos espazos públicos como nos privados que visitemos.

Será o luns 19 de setembro e seremos un pequeno grupo de 10-12 persoas máximo. Persoas con algunha enfermidade neurodexenerativa.

Sempre priorizaremos a participación de persoas que non viñeran con anterioridade a estas actividades e tamén a de aquelas que teñan máis dificultades para disfrutar do ocio pola súa propia conta.

É unha actividade GRATUÍTA.

 

Proxecto cofinanciado a través do Programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social (Dº Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) da Xunta de Galicia.

Para calquera dúbida ou aclaración, en aodem@hotmail.es ou no 988252251.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

 

 

Galego

Comparte este artículo