TALLER DE DEGLUCIÓN E DISFAXIA NA ENFERMIDADE DE PARKINSON

Pestanas principais

 

·         O próximo mércores AODEM organiza o taller ‘Deglución e disfaxia na enfemidade de Parkinson’ impartido por persoal de enfermería da Federación Española de Párkinson (FEP).

 

·         Este taller está especialmente dirixido a persoas con párkinson, familiares e coidadores para ofrecerlles as ferramentas necesarias para solventar as dificultades que se lles presenten no seu día a día.

 

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa, crónica e invalidante que afecta ao redor de 1.919 persoas na Área Sanitaria de Ourense. Conscientes da necesidade das persoas con párkinson e os seus coidadores de coñecer e estar formados sobre a patoloxía coa que conviven, a Federación Española de Párkinson (FEP) e as asociacións federadas organizan estos talleres en toda España impartidos por persoal de enfermería e psicoloxía especializados na enfermidade.

 

Esta formación está enmarcada no Programa Contigo, un servizo posto en marcha pola Federación Española de Párkinson, en colaboración coa compañía biofarmacéutica AbbVie, para fomentar a formación e información de calidade sobre a enfermidade, facilitar o acceso a elas a persoas con párkinson e coidadores e proporcionarlles unha atención de calidade e personalizada.

 

Para confirmar asistencia, contacta con AODEM no 988252251 / 636490627 ou por email: aodem@hotmail.es

 

TALLER DEGLUCIÓN E DISFAXIA NA ENFERMIDADE DE PARKINSON

 

Data: mércores, 1 de xullo de 2015

Hora: 17:00 horas 

Lugar: Rúa Recaredo Paz, nº1, Ourense (Salón de actos do C.I.S. AIXIÑA)

 

Galego

Comparte este artículo