Concellos Solidarios

Pestanas principais

AODEM conta cunha traxectoria de máis de 20 anos traballando na provincia de Ourense en beneficio das persoas con enfermidades neurodexenerativas e das súas familias e coidadoras/es.

Estas patoloxías son altamente discapacitantes e as persoas que as padecen necesitan tratamento rehabilitador de forma continua, terapias especializadas que, non sempre poden costearse de forma privada. É neste punto onde toma sentido a labor de AODEM, atendendo ás necesidades sociosanitarias que non están sendo cubertas polas Admons. Públicas.

 

Algúns datos de interés:

  • Temos socios/as de 32 concellos diferentes da provincia de Ourense, 4 de Lugo e 1 de Pontevedra.
  • Actualmente atendemos un total de 21 enfermidades diferentes, 16 delas consideradas raras ou pouco frecuentes.
  • No 2016 atendimos a 121 persoas, entre socios/as e os sesus familiares e/ou coidadoras/es.

 

O mantemento dos Programas faise mediante subvencións de entidades públicas e privadas, co cobro de cuotas e actividades e con doazóns.

Atravesamos unha época de crise con efectos a tódolos niveis. En AODEM observamos como, na maioría das persoas que atendemos, os problemas de saúde conlevan paralelamente a aparición de dificultades a nivel económico e laboral/formativo: vense na obriga de abandonar o seu emprego ou reducir a xornada, no caso de telo, ou perciben pensións mínimas de subsistencia xa que, nalgúns casos, a aparición temperá da enfermidade (entre os 20-30 anos) non lles permitiu iniciarse no mercado laboral.

No 2014 a asociación puxo en marcha a campaña “Concellos Solidarios” a raíz da iniciativa do Concello de Nogueira de Ramuín de organizar unha andaina solidaria na que parte da recadación das inscricións se doou a AODEM. Na actualidade xa colaboraron 6 concellos da provincia de Ourense.

O obxectivo de AODEM é colaborar na creación dunha sociedade cada vez máis xusta e solidaria contando co apoio das Entidades Locais. Por isto lanzamos esta campaña á que o animamos a unirse do xeito que crea máis conveniente: cunha andaina, carreira, torneo ou evento social en favor de AODEM. A asociación daríalle toda a difusión posible a través da súa páxina web e RRSS. Isto permitirá manter os programas e servizos que prestamos ata o de agora e incluso amplialos e melloralos.

 

GRAZAS!

Concellos Solidarios:

Concello de Nogueira de Ramuín

Concello de Maside

Concello de Castrelo de Miño

 

Concello da Peroxa

Concello da Peroxa

Concello de Cea e Consello Regulador da IXP Pan de Cea

 

Concello de Cea e Consello Regulador da IXP Pan de Cea

Concello de O Carballiño

Concello de O Carballiño

 

 

 
 
Galego
imagenpage: 

Comparte este artículo